O PP confía o sector leiteiro ás axudas


Segue sendo o prezo do leite o gran cabalo de batalla do sector gandeiro. Pero parece que continuamos caendo na política da subvención, ou alomenos así se entende trala reunión do sector gandeiro de toda a provincia coa cúpula do PP en Santa Comba.
Foi no marco dun encontro con propietarios de explotacións ganaderas e cos candidatos populares para as próximas eleccións municipais nos concellos de Santa Comba, A Baña, Arzúa, Boimorto, Boqueixón, Frades, Melide, Mesía, Negreira, Ordes, Oroso, O Piñeiro, Santiso, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra, Coristanco, Vimianzo, Zas e Mazaricos. Nel, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, centrou o discurso nas as axudas asociadas ao sector lácteo, que asegurou crecerán un 63% ata o ano 2020.
Como xa é sabido, o sector depende, en boa medida, das decisións tomadas en Europa, de aí a importancia da reforma da nova Política Agrícola Común (PAC), da que a Conselleira considera que son “positivas” para Galicia, pois manteremos os niveis de axudas do periodo 2007-2013, grazas aos 2.380 millóns que recibirá ata o ano 2020. Destacou ademais que estas axudas permitirán que “o 100% das vacas de carne teñan dereito a pago, polo 53% das que o tiñan na actualidade”.
Indicou que os ganaderos que antes cobraban 27 euros por unha vaca de leite, agora pasarán a recibir 118, o que supoñerá que os concellos da comarca ganadera de Xallas e Soneira pasen de percibir 1,9 millóns de euros a 3,4 millóns de euros
Pouca mobilización
Convocaba hai unhas semanas a OPL (Organización de Productores de Leite de Vaca, Asociación Profesional que engloba ao 9% da produción láctea nacional e inscrita na Organización de Productores ante o MAGRAMA) unha serie de mobilizacións. Pero a resposta do colectivo agrario, polo de agora foi negativo. Por iso lamentan a “inacción dos sindicatos” e pospoñen as mobilizacións que prantexaban unha gran manifestación este martes 24 de marzo polos prezos que está impoñendo a industria e a unha folga xeneralizada de entregas a partir das 24:00h do 29 de marzo.
Valoran que “nuns momentos cruciales e moi delicados, nos que o sector precisa iniciativas áxiles e precisas ante a entrada en vigor do novo paquete lácteo, o expolio patrimonial das cotas, a desinformación á que se someteu ao sector coa Supertasa e as actuais imposiciones da industria, OPL espera a que estas organizacións reaccionen e póidase chegar a un consenso de todo o sector en defensa dos intereses dos productores lácteos”.
Por iso, OPL decidiu aprazar momentáneamente as accións previstas ata a celebración dunha reunión cos demais representantes dos productores lácteos, co fin de non dividir nin enfrontar ao sector e de que se chegue a unha unificación de propostas, tralas cales mostrarase un sector forte e unido ante os abusos que realizan as administracións, industria, e distribución.
Novas relacionadas
- Xornadas Polo emprendemento cooperativo no rural costeiro.
- Santa Comba arrinca un mes de marzo completo.
- 2014: As Xovencas de Santa Comba bailaron a ritmo de zumba:
- Camariñas recibe a Europa en clave de innovación rural.
- Os alumnos do EFA Fonteboa sacan o mellor do leite.
- Aprendendo a xestionar os recursos humanos no agro.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).