Venres. 06.12.2019
El tiempo

O sector lácteo cítase en Mazaricos

O sector lácteo cítase en Mazaricos
Semana Gandeira Mazaricos 2016

Arrinca a semana máis importante do ano en Mazaricos. A Semana Gandeira sitúa ao concello xalleiro no epicentro do sector agro-gandeiro galego, demostrando o potencial económico e social da MZ e poñendo en valor a súa esencia. Mentres os veciños recuperan a vida no rural a base de fotos nas redes sociais, os profesionais do sector xa preparan a súa imprescindible presencia.

Porque a Semana Gandeira é un punto fundamental para un sector que segue moi pendente das expectativas de fusión, rexeitadas de feito dende a zona. O nivel das Xornadas Técnicas do Sector Lácteo así o explica, tendo ademais como gran foco de atracción a Poxa de Xovencas. O ano pasado, unha Saamil Navy Vane de Toques foi vendida por 2.500 euros. A ver a que prezo chegan este ano.

Xornadas Técnicas do Sector Lácteo

xornads-tecnicas-sector-lacteo-semana-gandeira-mazaricos-2016

O sábado 19 comezará ás 10:30h cunha ponencia de Ismael Fernández (de Xénese Veterinarios) sobre “A Transferencia de embrións como ferramenta gandeira cotiá”. Jesús Combarro (do BancoAgro de Abanca) falará sobre “financiamento de plans de mellora”. Tera lugar a presentación do libro fotodocumetal “El ordeño, lo que es”, de Xosé Luís Míguez.
Despois da pausa, o comunicador Nacho Peón falará sobre psicoloxía, e antes da clausura por parte do alcalde haberá unha interesante mesa redonda como como relavorizar o leite galego. Estarán Sabela Oca (de Larsa), Pablo Gómez (de Clesa), Ismael Martínez Lede (de Feiraco) e Guillermo Martínez (de Casa Xanceda), moderados polo veterinario Marcos Fernández González.

Máis cousas

Ana Oca, dando un showcooking en Barbadás, estará no paraíso do leite Ana Oca, na foto nun showcooking en Barbadás, estará no paraíso do leite

A tarde do sábado será para o público en xeral, cun showcooking da brava Ana Oca, a ceense “massterchefa junior” da TVE, a entrega de premios do certame de fotografía das redes sociais, así como un obradoiro de manualidades realizado polos mozos de APEM e Adisbismur.

Poxa de Xovencas de Raza Frisonsa

un-lote-ganderias-participantes-na-poxa-de-xovencas-de-raza-frisona-de-mazaricos-2016 Un dos lotes da Poxa de Xovencas

O domingo 20 é o gran día. A partir das 11:00h arrincará no Recinto Feiral da Picota a poxa, o campionato de muxido, así como o sorteo de máis de 1.500€ en regalos.

Unha Poxa organizada polo Concello de Mazaricos e Africor-Coruña. que ten como finalidade “potenciar a comercialización de xovencas nadas e criadas en explotacións gandeiras de Control Leiteiro da provincia de A Coruña”. Así, por exemplo a cada comprador obsequiarase con 3 doses de seme dos touros “Delano” e “Quixote”.

Así, a partir das 11:00h comezarán a desfilar os animais ante público e compradores, que a base de poxas de 50€ irán cotizando os mellores exemplares. Hai 21 lotes e estas son as ganderías participantes, chegadas de Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo, Carballo e outros puntos da provincia:

ganderias-participantes-na-poxa-de-xovencas-de-raza-frisona-de-mazaricos-2016  

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios