Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Poesía, teatro e natureza para as Letras Galegas de Mazaricos

Letras Galegas Mazaricos 2022
Poesía, teatro e natureza para as Letras Galegas de Mazaricos

O Concello de Mazaricos inicia este sábado as actividades de celebración do Día das Letras Galegas. A oferta cultural deste ano incluirá a presentación dun poemario, unha función teatral e unha andaina pola parroquia de Chacín mergullando na memoria do Mazaricos medieval. 

Deste modo, este, sábado 7 de maio, e dende as 20:30h, a Casa de Cultura acollerá a presentación do libro 'Do amor e do delirio' da escritoria Natalia Lema Otero, natural de Vimianzo e con raíces familiares en Mazaricos. Acompañarana a escritora e veciña de Lugarnovo, María del Carmen Rey Núñez, e o xornalista da Radio Galega Xusto López Carril. 

O domingo 15 de decembro o Grupo de Teatro Os Quinquilláns representarán o seu espectáculo 'A pluma viva de Rosalía', que abordará varios aspectos da vida da nosa poetisa nacional. 

Por fin, o martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Concello organiza unha camiñada pola parroquia de Chacín para conmemorar a xornada arredor da obra do historiador Rui Vasques, un crego mazaricán que viviu no Chacín do século XV. A xornada rematará cunha merenda.
Para participar nesta actividade débese reservar praza no 635 140 329 ou na Casa de Cultura ata o día 16. Para comezar a ruta, a concentración farase ás 5 da tarde do día 17 diante da gasolineira do Pino de Val. 

Máis actividades arredor das Letras Galegas

Comentarios