Luns. 18.11.2019
El tiempo

A VI edición da Ruta BTT do Concello de Mazaricos abre a súa inscrición

Cartel da VII Edición da Ruta BTT Concello de Mazaricos
Cartel da VII Edición da Ruta BTT Concello de Mazaricos
A VI edición da Ruta BTT do Concello de Mazaricos abre a súa inscrición

As persoas interesadas no deporte a pedais están de noraboa: chega a VI edición da Ruta BTT Concello de Mazaricos. A convocatoria será o 24 de novembro. Haberá dúas rutas: unha de 35km e outra de 45km que entrañan unha dificultade media e son de carácter non competitivo. O desnivel acumulado é de 1225 metros na longa e 995 na curta.

A inscrición xa está aberta, é de balde, e pode levarse a cabo na web do Concello. Como en anos anteriores, os locais hostaleiros da zona ofrecen un menú especial para ese día que tamén pode consultarse na páxina. As persoas acompañantes disporán dun autobús para realizar unha excursión por Mazaricos.

Desde o departamento de deportes subliñan que “é unha ruta moi fermosa porque a subida á Ruña remata nun punto onde se contemplan as mellores vistas da comarca”. Por outra banda, agardan volver roldar as 500 persoas inscritas aínda que, aseguran “cun só día de inscrición xa van case 50”.

Comentarios