Venres. 03.05.2024
El tiempo

Un liceo mariñeiro en Lira para aprender a coidar o mar e a consumir responsablemente

Un liceo mariñeiro en Lira para aprender a coidar o mar e a consumir responsablemente

Fantástica a aposta da Confrará de Lira para este venres 17 de xuño, a partir das 16:15h. A entidade organiza o Liceo mariñeiro, unha xornada sobre a comercialización dos productos pesqueiros. A actividade está financiada pola Consellería do Mar, a través das Axudas de Promoción socio-cultural e divulgación nas comunidades pescadoras e no sector pesqueiro 2010-2011.

Este Liceo mariñeiro parte da situación de "A pesca artesanal na encrucillada", para promover a idea "Dun mar sostible a un consumidor responsable".

O Salón de actos da Confraría de pescadores de Lira acollerá as xornadas. E este é o programa

Programa do Liceo Mariñeiro de Lira

  • 16:15h Apertura - Presentación.
  • 16:30 – 17:30.- MARQUEZ & ASOCIADOS: “Alternativas para a mellora da comercialización dos productos pesqueiros na zona de influencia do GAC IV”.
  • 17:30 - 18:00: CARLOS RODRIGUEZ: “Experiencia da Agrupación de Interés Económico da Lonxa de Campelo.
  • 18:00 - Café.
  • 18:15 – 18:45h - ALBERTO GARAZO (Técnico Comercial Cofradía de Bueu – Quadralia)¡ “A experiencia Bueu en acordos comerciais” e “Valorización da trazabilidade, a diferenciación do peixe e marisco”.
  • 18:45 – 19:00 – MARTA CAVALLÉ (socia da Cooperativa de Consumo Responsable Zocamiñoca da Coruña: “As cooperativas de consumo: Unha forma directa de chegar ao consumidor”.
  • 19:00 – 19:15 – MANUELA OVIEDO (Xerente Grupo Acción Costeira IV) Axudas do GAC IV para a mellora da comercialización dos productos da pesca e o marisqueo.
  • 19:15 – 20:15 - DEBATE.
  • 20:15 - CLAUSURA.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.

Comentarios