ADEGA convoca ao voluntariado a unha nova limpeza de microplásticos en Muros

10:33 25/01/24
Baixou o soufflé mediático dos microplásticos pero a realidade segue estando aí. Os pellets seguen chegando ás nosas praias, malia que dende a Xunta, que asegura ter recollido 3.560 quilos de boliñas ademais de 11.800 quilos doutros plásticos, considera que a “chegada de pellets está estabilizándose á baixa”.
Sexa como for, os microplásticos seguen chegando e as entidades medioambientais seguen pedindo axuda ao voluntariado, e invita a participar nunha nova limpeza este sábado, 27 de xaneiro, en Muros.
Poden inscribirse aquí
ARTIGOS RELACIONADOS
- Sole Méndez (Narea): Encabezonamento: Uns e outros, e a praia por varrer….
- Xosé Manuel Barros (Mar de Fábula): A contaminación do mar polos pellets de resina e a contaminación mental
- Nando Lestón: Limpade vós... limpádevos.