Venres. 26.04.2024
El tiempo

O alumnado do CEIP Ricardo Tobío fai as súas receitas xacobeas

ceip Ricardo Tobio de Esteiro
O alumnado do CEIP Ricardo Tobío fai as súas receitas xacobeas

O CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío de Esteiro (Muros) acollía este luns a presentación da revista “Receitas do Camiño”. Unha publicación elaborada polo alumnado de 2º de Educación Primaria deste centro escolar, xunto coa súa profesora Micaela, quen agradeceu a implicación das familias dos escolares na recopilación da información para facer posible este traballo de investigación.

Na recollida das receitas típicas de cada concello colaboraron tamén os concellos, os chefs dos restaurantes, e persoas a título persoal. Segundo apuntou a directora do centro, Silvia Vázquez de la Iglesia, este traballo tivo un componente aínda máis especial dado que algunhas destas receitas se elaboraron na cociña do CEIP, dándolle así maior autenticidade ás mesmas.

Na publicación pódense atopar especialidades coma a Tortilla Romana (Muros), a Cachelada (Abelleira), as Chulas de Arroz (Tal), os Pipións (Outes), a Empanada de Millo de Berberechos (Noia) ou o Polbo á Feira (Porto do Son) e tamén un postre típico: a Tarta de Santiago.

CEIP Ricardo tobío

Esta revista, que consta de 56 páxinas, forma parte do proxecto “Un camiño de auga e sal” que se desenvolveu durante este curso 2021-2022 en colaboración coa Asociación de Concellos do Camiño. En representación deles asistíu a alcaldesa de Muros, Inés Monteagudo, quen destacou a receta das Chulas, un clásico da cociña que facíase na súa casa sendo nena.

Ao acto asistiu todo o alumnado do CEIP Ricardo Tobío, e Catuxa e Alicia, en representación das familias e da ANPA do centro, respectivamente.

Comentarios