Venres. 19.04.2024
El tiempo

Asalta unha cervecería en Esteiro e é detido coa recadación do comecartos

Asalta unha cervecería en Esteiro e é detido coa recadación do comecartos

Seguen chegándonos sucesos dende a Garda Civil da zona. Hai unha semanas viamos como un detido por roubar en dúas igrexas, e onte, Axentes da Garda Civil de Muros detiveron a un veciño de Noia, de 27 anos, como presunto autor dun roubo con forza nunha cervecería da localidade de Esteiro, en Muros.

Ao redor das 01:50h da pasada madrugada disparouse a alarma do citado local e acudiu unha patrulla do instituto armado que localizou ao agora detido nas inmediacións. O home, con numerosos antecedentes por feitos similares, foi sorprendido con 183 euros procedentes do cajetín da máquina comecartos e con outros efectos que logrou subtraer no asalto ao local.

Os feitos foron postos en coñecemento do Xulgado de Muros.

Novas relacionadas

Comentarios