Avanzan as negociacións nos Concellos pendentes de pactos de investidura
Queda menos xa para os plenos de investidura do sábado 17 de xuño, e se ben hai 15 concellos practicamente decididos, son varios os concellos onde as negociacións están sendo complicadas.
Son, sobre todo, os casos de Fisterra, Muxía, Ponteceso e Muros.
En Fisterra, xa houbo os primeiros contactos para encumbrar a Área Domínguez como alcaldesa. Os sorprendentes resultados de Alternativa dos Veciños, superando a PSOE e BNG permítelle á nova agrupación poder negociar cos dous partidos que formaron goberno para intentar quitarlle a alcaldía ao PP, bewn a travñes dun pacto de goiberno ou ben a través (o máis probable) dun acordo de investidura.
Por Muxía, continúan as negociacións para sacar da alcaldía ao socialista Iago Toba, pero a posta en común entre IxMuxia, PP e BNG sempre supón un conflito entre o ben do pobo e o interese dos partidos.
Por Ponteceso tamén avanzan as conversacións para que o PP dea o relevo ao PSOE, co apoio dos dos partidos independentes co BNG mediante. Ao longo desta semana teremos novidades.
O caso muradán
O que tamén avanza é o caso muradán. A clara vitoria do PP non lle permite formar unha maioría absoluta e a verdadeira triunfadora dos comicios foi Ía Lago, a candidata do BNG. Subíu máis de 500 votos e 2 concelleiros que lle permitiron dar o sarpaso ao PSOE, tendo unha oportunidade de ouro para que a esquerda volva gobernar Muros.
O pasado venres xa tiveron o primeiro achegamento e queda moito por andar. Segundo fontes próximas aos partidos, hai avances para formar un goberno de coalición pero aínda hai liñas vermellas que terán que superar para poder chegar a un acodrdo.
A idea é volver negociar esta semana.