Os datos das Eleccións Municipais 2023 na Costa da Morte
- Resultados das Eleccións Municipais 2023 na Costa da Morte Concello a Concello
- Análise Só 3 cambios importantes tralas Eleccións Municipais de 2023 na Costa da Morte.
- PSOE e BNG salvan a Deputación da Coruña.
- Os Independentes, chave de goberno en 2, ou ata 4, concellos.

Tras facer unha primeira análise dos Resultados das Eleccións Municipais 2023 na Costa da Morte Concello a Concello, facemos un repaso de datos global.
Ademais das 12 maiorías absolutas, os 2 concellos onde gobernará a lista máis votada (Corcubión e Santa Comba); e o caso de Muros onde un pacto BNG-PSOE podería darlle a alcaldía á candidata nacionalista; hai 4 concellos nos que os edís independentes terán a chave do goberno, puidendo formar goberno ou apoiando a investidura e ficando na oposición.
Todo nuns comicios bastante clásicos, no sentido de que os 3 partidos principais copan a meirande parte das corporacións.
Cifras globais
Analizando os 19 concellos, e repasando que o PP ten 7 maiorías, o PSOE 8, e o BNG 4, o repaso de votos é o seguinte:
- PP: 27.041 votos e 91 edís.
- PSOE 22.309 votos e 73 edís.
- BNG: 20.322 votos e 60 edís.
- Outros: 15 edís.
11 alcaldes/as repetidas con seguridade
11 alcaldes/as manteranse, seguro, no seu posto, ademais do relevo de Dumbría, onde se mantén o PSOE con Raúl González no posto de Pequeño.
- Cabana: José Muíño (PP).
- Camariñas: Sandra Insua (PSOE).
- Carballo: Evencio Ferrero (BNG).
- Carnota: Juan Manuel Saborido “Moma” (PSOE).
- Cee: Margot Lamela (PSOE).
- Coristanco: Juan García (PP).
- Laxe: José Luís Pérez Añón (PP).
- A Laracha: Jose Manuel López Varela (PP).
- Mazaricos: Juan Blanco (BNG).
- Vimianzo: Mónica Rodriguez (PSOE).
- Zas: Lolo Muíño (BNG).
Os 3 partidos
Os 3 partidos terán presenza en 16 dos 19 dos plenos:
- O PP ten presenza en todos os plenos.
- O PSOE queda fóra en Cabana e Mazaricos.
- O BNG queda fóra en Santa Comba.
Maiorías poderosas
A maioría absoluta máis poderosa será do PSOE de Vimianzo, co 71% dos votos colleitados. O PSOE tamén manterá outro feudo como de Dumbría, cunha lixeira baixada ata o 64%.
Pola súa parte, as maiorías máis claras do PP son as de Cabana e Coristanco, con 59 e 68% respectivamente.
O BNG manda en Carballo co 53% (con subida dun edil) e en Mazaricos co 50% (baixando un 8%).
Os Outros partidos
En 9 Concello os Indepentendes terán presenza plenaria. IxCee, Sempre Corcubión, Alternativa dos Veciños de Fisterra, Podemos Laxe, AIM Malpica, Espazo Común Mazaricos, Muros Centrado, IxMuxía, Partigo Galego de Ponteceso, Adiante x Ponteceso e APIN-Espazo Común Ponteceso.
Pero hai varios concellos que precisan atención pormenorizada.
A Malpica de Cañizo
O caso máis paradigmático é o de Malpica. Alfredo Cañizo (AIM) leva tendo o bastón de mando na sombra dende hai varias lexislaturas, pero o da pasada foi xa o mellor exemplo do que poden as minorías nesta democracia de Hon’t: deu o goberno ao tripartito formando goberno con PSOE e BNG, pero a metade de lexislatura propiciou unha moción de censura contra o seu propio tripartito para pasar a formar goberno co PP.
Este 2023 pode que volva decidir co seu único edil, de non ser que PSOE e BNG (suman 6 edís) deixen gobernar á lista máis votada, o PP (con 6).
O Ponteceso común
O novo panorama político pontecesán merece unha análise pormenorizada. O PSOE de Carballido, tralas múltiples leas protagonizadas nestes anos, cae case 1.000 votos, de 8 a 4 edís. O PP sobe 1 edil (ata os 4), polo que para chegar aos 7, terá que apoiarse en varios partidos. Seguro no novo Partido Galego de Juan Vidal, que aparece con 2; pero tamén con Adiante por Ponteceso ou con José Manuel Pose Verdes de APIN-Espazo Común.
Fisterra da Alternativa
A irrupción de Alternativa dos Veciños provoca un envorco total en Fisterra, onde a veciñanza castigou ao goberno bipartito con 600 votos (practicamente os que leva AV). O normal sería que gobernase o PP, con maioría simple, pois parece pouco probable que PSOE e BNG apoiasen unha hispotética investidura da candidata de AV Áurea Domínguez.
A Muxía de Sar
En Muxía, a crise de goberno socialista provocou a perda de 400 votos. Case todos, e outros 200 populares, foron para o independiente Javier Sar, que entra con 2 edís, se cadra insuficientes para quitarlle a alcaldía a Iago Insua, unha vez que PP e IxMuxía necesitarían o edil do BNG para alcanzar a maioría, e Carlos Concheiro, aínda con moito que pensar, non parece disposto a devolverlle o poder á dereita.
Muros
Os resultados deixan un BNG moi reforzado, que tería que negociar co PSOE de Caridad González para investir a Ía Lago e sacar da alcaldía a Inés Monteagudo.
PP (Votos) |
PP (%) |
PP (edis) |
PSOE (votos) |
PSOE (%) |
PSOE (edís) |
BNG (votos) |
BNG (%) |
BNG (edís) |
Outros (votos) |
Outros (%) |
Outros (edís) |
||||
Cabana | 1627 | 59 | 7 | 215 | 8 | 0 | 924 | 33 | 4 | ||||||
Camariñas | 974 | 31 | 4 | 1975 | 57 | 8 | 370 | 12 | 1 | ||||||
Carballo | 4308 | 29 | 6 | 1611 | 11 | 2 | 8019 | 53 | 13 | ||||||
Carnota | 556 | 24 | 2 | 1116 | 48 | 6 | 616 | 26 | 3 | ||||||
Cee | 1187 | 26 | 3 | 2165 | 47 | 7 | 608 | 13 | 2 | 447* | 10 | 1 | |||
Corcubión | 184 | 17 | 2 | 258 | 24 | 2 | 423 | 39 | 4 | 104** | 10 | 1 | |||
Coristanco | 2273 | 68 | 10 | 450 | 13 | 2 | 436 | 13 | 1 | ||||||
Dumbría | 331 | 18 | 2 | 1190 | 64 | 7 | 323 | 17 | 2 | ||||||
Fisterra | 1186 | 42 | 5 | 582 | 20 | 2 | 340 | 12 | 1 | 722*** | 25 | 3 | |||
A Laracha | 4114 | 63 | 12 | 1023 | 16 | 2 | 1286 | 20 | 3 | ||||||
Laxe | 951 | 48 | 6 | 275 | 14 | 1 | 571 | 29 | 3 | 152**** | 8 | 1 | |||
Malpica | 1313 | 39 | 6 | 1030 | 31 | 4 | 552 | 16 | 2 | 290^ | 9 | 1 | |||
Mazaricos | 878 | 33 | 4 | 108 | 4 | 0 | 1319 | 50 | 6 | 339^^ | 13 | 1 | |||
Muros | 1874 | 39 | 5 | 1139 | 25 | 3 | 1219 | 26 | 4 | 367^^^ | 8 | 1 | |||
Muxía | 737 | 24 | 3 | 1351 | 43 | 5 | 344 | 11 | 1 | 675^^^^ | 22 | 2 | |||
Ponteceso | 969 | 27 | 4 | 1090 | 31 | 4 | 293 | 8 | 1 | 507+ 438++ 220+++ |
14 12 6 |
2 1 1 |
|||
Santa Comba | 2321 | 39 | 6 | 2898 | 48 | 7 | 244 | 4 | 0 | ||||||
Vimianzo | 431 | 9 | 1 | 3432 | 72 | 10 | 853 | 18 | 2 | ||||||
Zas | 827 | 28 | 3 | 401 | 14 | 1 | 1582 | 54 | 7 | ||||||
TOTAL | 27041 | 91 | 22309 | 73 | 20322 | 60 | |||||||||
* IxCee | ** Sempre Corcubión | *** Alternativa | **** Podemos | ^ AIM | ^^ Espazo Común Mz | ^^^ Muros Centrado | ^^^^IxMuxía | + PG | ++ AXP | +++APIN |