AYUCO, a plataforma costeira que axuda aos afectados polas estafas dos microcréditos ou abusos bancarios

Un paso máis é o seu compromiso coa Asociación de Axuda ao Consumidor (AYUCO), entidade que preside para axudar ás vítimas de estafas chamadas tarxetas revolving, microcréditos e abusos bancarios.
A súa nova entidade está buscando colaboracións con entidades, como a que vén de asinar coa Asociación en Defensa da Costa da Morte (ADECOM). Caamaño e Mario Maceiras asinaron un convenio de Colaboración para combater a ludopatía e a usura bancaria na nosa bisbarra e tamén ofrecer asistencia xurídica gratuíta ás persoas da Costa da Morte que foron vítimas dalgún dos fraudes bancarios máis comúns: tarxetas revolving, microcréditos, cláusulas chan hipotecarias, preferentes…
As dúas entidades coinciden en analisar que tradicionalmente a Costa da Morte é unha comarca moi golpeada polo desemprego, a emigración e as sucesivas crises económicas, coma as da “burbulla inmobiliaria” en 2008 e do Covid en 2020, polo que a súa poboación é particularmente sensíbel a poder caer neste tipo de trampas co engado do "diñeiro fácil", sexa a través da adición aos xogos de azar e apostas, ou ben á hora de contratar produtos financieiros usureiros e incluso ilegais.
AYUCO lembra que en España o máximo interese permitido é o 20%, a partir de aí xa se considera usura e por tanto é ilegal, porén hai casos nos que se realizan intereses superiores ao 3000%, asi coma casos nos que por un microcrédito "rápido" de 500€ acaban reclamándolles contías que superan os 6 mil €.
Poden poñerse en contacto con AYUCO no 647669553 ou en ayucoconsultas@gmail.com.
NOVAS RELACIONADAS
- Xuño 21: Unha colleita de sinaturas para facer máis charlas nos centros de ensino contra a ludopatía.
- 2021: Os coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas únense á loita contra a ludopatía entre a mocidade.
- 2021: Agalure achega a problemática das adicción ao xogo e ás apostas a 6 centros de ensino da comarca.
- Outubro 2020: Dúo Minúsculo: Santi Culo, xunto a Minos, volve facernos rir.
- Xaneiro 2020: O BNG de Muros rexistra unha moción para regular as licencias municipais das casas de xogo.
- Maio 2019: Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas:
- Xuño 2018: “La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes.