Unha colleita de sinaturas para facer máis charlas nos centros de ensino contra a ludopatía

Dende esa, ademais de continuar coa súa rehabilitación (lembra que a ludopatía é unha adicción que levará sempre) leva expoñendo a súa experiencia a todos os sitios que poden, contándolle aos rapaces de 14 anos que á súa idade el xa estaba enganchado ao póker, e máis tarde fixo o propio ca ruleta e as máquinas comecartos.
Fai charlas nos Institutos, intentando axudar, e que lle serve tamén como terapia, pero que pregunta como é posible que non haia máis charlas testimoniais nos centros de ensino para frear esta problemática.
”Sempre que comezo as charlas fago unha pregunta: Cantos de aquí apostáchedes algunha vez?, un gran número de alumnos levanta a man…” Por iso quere continuar co seu activismo e vén de abrir unha recollida de sinaturas en OsOigo, para reclamar que o Parlamento de Galicia implemente charlas testimoniais nos centros escolares para concienciar e dar visibilidade a esta problemática.
Mentres segue loitando tamén nas redes como @ludopatarehabilitado, ademais consegue volver facernos rir co Dúo Minúsculo.
NOVAS RELACIONADAS
- 2021: Os coles de Carnota, Laxe, Mazaricos, Muxía e Zas únense á loita contra a ludopatía entre a mocidade.
- 2021: Agalure achega a problemática das adicción ao xogo e ás apostas a 6 centros de ensino da comarca.
- Outubro 2020: Dúo Minúsculo: Santi Culo, xunto a Minos, volve facernos rir.
- Xaneiro 2020: O BNG de Muros rexistra unha moción para regular as licencias municipais das casas de xogo.
- Maio 2019: Santi Caamaño rompe as redes cunha campaña contra a publicidade abusiva das casas de apostas:
- Xuño 2018: “La vida no es un juego”: Santi Caamaño recoñece a súa ludopatía sen tabúes.