xoves. 16.01.2025
El tiempo

O beato de Arias de Presno e a Campa Santa

O beato de Arias de Presno e a Campa Santa
O beato de Arias de Presno e a Campa Santa

Alí en Louro, na igrexa do Convento dos Franciscanos, diante do altar maior, hai unha pequena lápida de mármore branco que ten gravada a seguinte incripción: “BEATI ARIAE DE FRESNO / OSSA ET CINERES / HIC IACENT (Aquí xacen osos e cinzas do Beato Arias de Fresno). Para moitos igual resulta descoñecida a historia deste Home de Deus, que foi soterrado na conventual de Louro, despois de ser declarado “Beato” (Benaventurado) pola Igrexa, anos despois do seu pasamento.


O noso home, naceu en Santa Eulalia de Presno, municipio de Castropol (Asturias), e ingresou no convento franciscano de Ribadeo (Lugo). Co tempo, e xa ordenado, pasou a formar parte da Comunidade Franciscana de Louro.
No ano 1579, a terrible epidemia de peste que asolou España, chegou as terras de Muros, afectando tamén ós frades do convento. Un deles, moi enfermo, non foi trasladado ó Hospitalillo da Trinidade de Muros. Os frades optaron por coidalo eles, e dispuxeron, para evitar calquera tipo de contaxio, que fora albergado nunha das chozas do bosque. O frade encargado de coidalo chamábase Frei Diego de la Cruz. O pouco, despois de cumprir varios compromisos de predicación chegou o convento Frei Arias de Presno, quen enterado da enfermidade do outro frade quixo ser él quen o coidase. De nada valeron os coidados de Frei Arias. O frade enfermo morreu, e con él, os poucos días (contaxiado tamén pola peste), Frei Arias de Presno, que foi soterrado no cemiterio do Convento.


Moitas visitas tiña a súa campa, que acabou converténdose en lugar de peregrinación. Os fieis de Louro e de toda a comarca e de mais alá, empezaron a veneralo como Santo e a pedirlle os mais diversos favores. Algún dos “pedidos” dos fieis debeu alcanzarse, polo que o frade santo, foi beatificado polo Papa, e a súa sepultura trasladada diante do altar maior da igrexa do convento, pero aínda cambiada de lugar seguiu repetíndose un estrano ritual, que aínda hoxe se segue repetindo.


E non é que o conten… e que pasou e pasa… que cando un neno ou nena, nos seus primeiros anos non crece adecuadamente, ou come pouco, ou tarda en falar, ou se ve cativo, moitos pais o levan a campa, o poñen sobre ela, e si o neno ou nena e pequerrecho, deixase que durma… rézase, implórase o Beato polo cativo, e feito iso, espértase, sacánselle as roupas e cámbianse por outras. As roupas vellas quéimanse ou se deixan colgadas nos arbores cércanos. Así deste xeito procurábase a curación dun “mal aire”. Aínda este ritual se segue practicando a día de hoxe. Coñezo xente que foi “pasada” pola campa santa e mo contaron con detalle, como así llo contaron os seus pais. Sexa como sexa o “ritual”, o importante e rezarlle o Beato. A persoa que chega a Beato e porque a Igrexa lle teña recoñecido algún milagre, e os milagres nunca veñen sós… non son únicos e exclusivos.

Outros artigos de Manuel Lago Álvarez

Comentarios