BNG e PSOE cargan contra as gaiolas de salmón da ría de Muros
Segundo podemos ler no xornal da Barbanza Certo, os grupos de BNG e PSOE de Muros amosaron o seu rexeitamento ás gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
Se o BNG levou a polémica a Europa, cunha pregunta que debe respostar a Comisión Europea; o PSOE acusa á Consellería de Mar e á de Medio Ambiente de desleixo, por non ter postos controis sobre o impacto da mortandade detectada nos dispositivos e confiar tan só no informe interesado da empresa galego-norueguesa.
Asoar reúnsese co fiscal de medioambiente
Dende Asoar-Armega nos avisan de que este vindeiro luns 21 de novembro, un grupo de representantes de organizacións medioambientais, ONGs, entidades do propio sector pesqueiro e de outros ámbitos, pescadores e armadores da Ría de Muros e Noia manterán unha reunión co fiscal de medioambiente para tratar o problema da instalación das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia.
Na reunión farán entrega dun documente sobre as irregularidades que se están cometendo en torno á instalación das gaiolas de salmón na ría de Muros e Noia e sobre o prexuízo que está causando esta instalación no medio mariño e no sector pesqueiro, de tanta importancia nesta rexión.
Novas relacionadas
- A loita contra as gaiolas de salmón en Muros faise internacional con Greenpeace.
- 03-10-11: Unha de salmóns mortos en Muros.
- 15-09-11: Denuncian que o contrato coa empresa das gaiolas de salmón de Muros está caducado.
- 05-09-11: Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros.
- 06-06-11: A pesca artesanal e os ecoloxistas unen as súas forzas contra o salmón.
- A Xunta rexeita a proposición do BNG de anular as gaiolas de salmón en Muros.
- Muros e a Barbanza rexeitan as xaulas de salmón.
- 25-03-11: Aproveitan a noite para instalar as xaulas de salmón na ría de Muros.
- Muros mobilízase por terra e por mar contra as gaiolas de salmóns que crean división en Carnota.