Xoves. 23.09.2021
El tiempo

O BNG pide o arranxo dos parques infantís de Muros ante o seu abandono xeralizado

Parque Infantil do Campo de Cortes en Muros copia
Así está o Parque Infantil do Campo de Cortes
O BNG pide o arranxo dos parques infantís de Muros ante o seu abandono xeralizado

Os membros do BNG de Muros levan desde o primeiro de maio visitando os parques de todas as parroquias do Concello para trasladar as carencias de cada unha das instalacións ao Grupo de Goberno. Ante a falta de mantemento que levan sufrindo a meirande parte dos parques nos últimos anos, María Lago quixo realizar un completo informe.

A conclusión máis evidente é clara: “abondono é xeralizado” nuns parques que “non só carecen de actuacións de mantemento como desbroce ou acondicionamento da zona, senón que precisa de elementos de seguridade novos”.

O grupo lamenta que hai “pezas oxidadas, rotas e empodrecidas” entre os tobogáns, columpios, casiñas…

Por isto, a voceira presentará o informe en pleno e solicitará actuación urxente e o acondicionamento das instalacións de todo o Concello.

comentarios