As Carrilanas de Esteiro, o festival gratuito de música galega máis brutal do país
Presentou onte a familia de Esteiro os carteis para o XXXIV edición do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro e o Festival das Carrilanas. Un cartel moi especial pois será derradeira peza de Luis Davila O Bichero. O ilustrador leva dende 2015 colaborando con esta festa e o vindeiro será ano de cambio.
Ademais da baixada das Carrilanas pola costa do Maio, Esteiro acollerá os días 14, 15 e 16 de xullo o festival gratuito máis chulo do país, cheo de música galega contemporánea.
Fillas de Cassandra, Baiuca, Grande Amore e Familia Caamagno farán da noite do venres unha noite para lembrar. O sábado, sesión vermú con Pablo Balseiro e noite con Laura LaMontagne & PicoAmperio, Tanxugueiras, Monoulious DOP, BoyankA KostovA efin de festa coas pinchadas bailongas de Cool Nenas..
E para a sesión vermú do domingo, Quinkillada.
Todo para unha das poucas a href=https://www.quepasanacosta.gal/articulo/muros/carrilanas-esteiro-declaradas-festa-interese-turistico-nacional/20210218220720125063.html>Festa de Interese Turístico Nacional da comarca.
Novas relacionadas
- Carrilanas 2022: Esteiro volveu vibrar coas Carrilanas e o seu comprometido festival.
- 2021: As Carrilanas de Esteiro xa son Festa de Interese Turístico Nacional.
- Carrilanas 2019: Un Goya para as Carrilanas de Esteiro.
- Carrilanas 2018: Un 10 para as Carrilanas de Esteiro.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, en vídeo.
- Carrilanas 2016: As Carrilanas de Esteiro, moito máis que un Gran Premio de F1.