Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Cartas dixitais en 14 establecimentos muradáns adheridos dá marca Ría da Estrela

eMenu na Ria da Estrela
Cartas dixitais en 14 establecimentos muradáns adheridos dá marca Ría da Estrela

Foron 60 os establecimentos de hostalería da Ría de Muros e Noia os que se animaron a implantar as cartas dixitais. Unha ferramenta financiada nun 80% pola Deputación como medida de modernización do sector coas de seguridade e hixiene derivadas da pandemia do coronavirus.

Son 14 os restaurantes muradáns que xa teñen instalado o eMenú:  Enxebre, Rodrigo, Don Bodegón, A Gaibotiña, Fermoso, Cristal, Plácido, O Xeixo, Casa Columba, O Caldeirón, A Muradana, Vila de Muros, A Vianda, Cabalo de Pedra.

Presentación

Onte tiña lugar en Noia a presentación. O vicepresidente de turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, incidiu en que esta crise motivada polo coronavirus debe ser unha oportunidade para mellorar na competitividade dos establecementos de hostalería e do sector turístico no seu conxunto.

O sistema de acceso dos menús mediante un código QR que se lle amosa ao cliente. O seu funcionamento é sumamente sinxelo e o grao de satisfacción co seu uso entre hostaleiros e comensais é moi alto, cun 80% de comentarios positivos segundo a enquisa feita entre os profesionais, tralo proceso de formación e posta en marcha do sistema.

Neste sentido varios hostaleiros participaron no acto de presentación, como Pepe Suárez, do Pepe do Coxo, ou José Senante, da Muradana, que destacaron tanto a facilidade no uso da ferramenta como as súas posibilidades de ampliación da interacción cos clientes.

Cabe destacar, por último, que calquera hostaleiro da Ría da Estrela pode beneficiarse do menú Ría da Estrela, só ten que solicitar a súa adhesión ao programa, que segue sumando novos participantes.

Comentarios