Sábado. 04.05.2024
El tiempo

O Centro de Día de Muros celebra o seu 10º aniversario

TORTA 10 anos Centro de Dia de Muros
O Centro de Día de Muros celebra o seu 10º aniversario

O centro de día de persoas maiores de Muros, pertencente á rede de centros do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, tras uns anos convulsos en materia laboral, aparca as problemáticas e quixo celebrar durante toda a semana o seu 10º aniversario, cumplido o día 20 de novembro.

10 anos coidando a máis de 100 persoas maiores do Concello de Muros (e de Mazaricos, Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión, Corcubión, Fisterra…) que ocupando en todo este tempo as 25 prazas dispoñibles. 100 maiores que puideron disfrutar dunha atención profesional e especializada.

Centro de Dia de Muros cumple 10 anos

Para conmemorar a data, o centro ten organizada unha serie de actos e festexos, como a celebración cun xantar no restaurante A Dársena, de Muros.

Unha das citas máis esperadas será a actuación da agrupación folclórica Ximiela, de Louro, nas instalacións do centro, que amenizarán unha xornada de auténtica foliada con torta e brinde./p>

Ademais lanzouse un concurso de cadros de cores abstractos a tódolos centros de maiores da rede.

Ao longo do mes, tamén se programaron no centro varias actividades, lembrando ás compañeiras e compañeiros que pasaron polo mesmo con charlas cheas de anécdotas, vivencias e recordos, con fotos das actividades e fitos relevantes acontecidos durante esta década.

Aínda sendo un recurso novo na comarca, con esforzo, dedicación e bo facer das profesionais do propio centro, permitiulle irse consolidando e integrando na comunidade, tendo actualmente tódalas prazas cubertas, e lista de espera para entrar.

Fotos 10 anos Centro de DIA DE MUROS

Comentarios