O Centro de Día de Muros sufriu a “cara mala da folga”

O luns tocaba xornada informativa por Bergantiños e Soneira, e onte as traballadoras das Escolas Infantís da Galiña Azul e dos Centros de Día dependentes do Consorcio de Igualdade e Benestar da Xunta achegáronse ata Muros.
Xornada “moi complicada”, a que tiveron segundo nos trasladan as propias traballadoras, “vivindo a parte mala da folga”. Unha faciana que tamén ten que visibilizarse para dar conta das consecuencias que provoca a inacciónd a Xunta: “as 2 portas de acceso ao Centro de Día muradán estaban atascadas con algo metido nas pechaduras, e non abrían. Comezaron a chegar as persoas usuarias; unhas tiveron que marchar, outras esperaron pacientemente, e a maioría, estivo 2 horas nos vehículos do transporte adaptado, agardando a que se puidera acceder ao centro”, describe Lorena Alvite.
Sen almorzar, sen poder ir ao wc, sen tomar a medicación,... “pasamos todas moitos nervios, e a tensión, era maior incluso do resto dos días de folga, notouse toda a xornada”, explican as propias traballadoras, fartas tamén de ter que chegar a estes extremos e afectar ás cansas familias.


Como sinalaban onte no manifesto da CNT, as traballadoras teñen claro que a Xunta ten “obriga legal de negociar co Comité de folga, e aínda non hai ningún contacto connosco”, denuncian.
”A xente, tanto as traballadoras, como as familias, como as persoas maiores neste caso, estamos moi cansas desta situación, pero teremos que seguir aguantando o que faga falta, para defendernos”, apuntan.

NOVAS DO CONFLITO LABORAL
- 13-09-22: As traballadoras do Consorcio informan sobre a folga nas escolas de Bergantiños e Soneira.
- Setembro 22: As familias afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio: “Non podemos máis”.
- Agosto 22: As Galiñas Azuis da Costa da Morte e o Centro de Día de Muros veranse afectadas pola folga das traballadoras do Consorcio.
- Agosto 22: As 11 Galiñas Azuis da Costa e o Centro de Día de Muros, afectados pola folga do Consorcio.
- Xuño 22: Nova xornada de protestas das traballadoras esquecidas polo Consorcio de Igualdade e Benestar.
- Xuño 22: As traballadoras do Consorcio continúan a loita polas súas prazas cunha nova folga.
- Marzo 22: As traballadoras da residencia DomusVi de Carballo mobilízanse para reclamar un convenio digno.
- Setembro 21: As traballadoras do Consorcio desconvocan a folga tras conseguir abrir unha negociación de boa fe.
- 30-07-2021: As traballadoras do Consorcio volverán á folga en setembro se non se paraliza a OPE.
- Xuño 21: O TSXG emite unha sentenza sinalando que a Xunta incorre en fraude cos interinos de longa duración.
- 11-05-21: O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras.
- 13-04-21: As traballadoras do Consorcio levan as súas demandas laborais ao Parlamento Galego noutra xornada de folga.
- 18-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga e refrendan o apoio da veciñanza.
- 04-03-2021: As traballadoras do Consorcio endurecen a folga.
- 25-02-2021: Usuari@s dos Centros de Día e as Escolas Infantís amosan o seu apoio á folga das traballadoras.
- 19-02-2021: As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos.
- Febreiro 21: Ducias de profesionais dos Centros de Día e Escoliñas da comarca póñense en folga.