Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Comeza a temporada teatral en Muros

Deadpan en Muros
Comeza a temporada teatral en Muros

O sábado, día 7, da comezo a tempada teatral no Centro cultural de Muros. Un deses programas continuos que serven para que a cidadanía teña unha cita fixa cada fin de semana coa cultura. 

Faino coa representación, ás 20:30 h, no Auditorio do Centro Cultural de Muros, de "Deadpan Karaoke", de Ibuprofeno teatro, un espectáculo teatral fora do corrente, que explora a comedia e os seus límites dende unha perspectiva de xénero, abordando o tema do amor nesta sociedade; e no que o público tén un papel protagonista.
Deadpan, que en inglés significa “cara morta, baleira de expresión, imperturbable”, Karaoke, do xaponés Kara (baleiro) e oke (orquestra). Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal desenvolto por María Bañobre sobre o escenario, de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine.

Esta función está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 €, poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou no formulario creado para este fin.
 

Documental

Ademais, o luns, día 9, proxectarase ás 16:15 horas, o documental "Cardoña. Fotos a 7 pesetas". Neste caso a entrada é de balde e a proxección forma parte da programación cultural de outon o da Deputación da Coruña.
 

Comentarios