Comezaron as obras para instalar céspede artificial en Agra da Filgueira


Tiñan que ter empezado ao remate da pasada campaña, para levar adiante as obras durante o verán e non entorpecer a temporada do Montelouro na Liga da Costa. Pero ata hoxe, e como nos conta o noso “enviado especial en Louro”, Eduardo Olveira, non comezaron as obras no campo de futbol “Agra de Filgueira”. Obras para levar a cabo a instalación do céspede artificial.
Boa nova, dende logo, para o Fútbol da Costa, que tamén perderá un dos seus mitos. Esa terra e eses pesados balóns mikasa pasarán ao recordo como un dos grandes clásicos do fútbol costeiro.
Durante os vindeiros 2 meses nos que, en teoría, deberían estar rematadas as obras, o UD Montelouro xogará os partidos da casa no campo “Eleuterio Balayo” de Muros. En todo caso, está por ver se as obras remataan antes de que finalice a campaña.
Novas relacionadas
- Última crónica da Liga da Costa: 2ª Autonómica: O Outes pode co líder.
- 20-03-14: O campo de fútbol de Louro terá herba artificial a temporada que vén.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanancosta.com).