Luns. 06.05.2024
El tiempo

Contraproducións volve a Muros

Entrega_en_man__Contraproducins-P1074426-299f17f5
Contraproducións volve a Muros

Continñua en marcha o programa continuo do Auditorio do Centro Cultural de Muros. Este sábado 18 de novembro, ás 20:30h, chega a mítica compañía galega Contraproducións coa súa obra “Entrega en man”. Un espectáculo baseado na obra de Martin McDonagh, adaptada ao galego e dirixido por Cándido Pazó, que conta no elenco con Evaristo Calvo, Santi Romay, María Roja e Diogo Sales; e que podemos clasificar coma comedia negra.

Contraproducións é unha empresa galega dedicada á creación e distribución de espectáculos escénicos, conducida por Cándido Pazó, un dos principais autores e directores teatrais da escena galega actual. O espectáculo foi estreado o pasado verán na Mostra de Teatro Cómico de Cangas.

Esta representación está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC e as entradas, ao prezo de 3,50 euros, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou neste formulario online.

Comentarios