Curso de Monitor de Tempo Libre subvencionado en Muros


O Concello de Muros vén de publicar a convocatoria dun curso de monitor de tempo libre, no que a propia administración faise cargo de financiar o 50% da matrícula de todos aqueles que queiran participar e que se encontren empadroados no Concello. Deste xeito o custo final da matrícula sería de 150,00 €, mentres que para aquelas persoas non empadroadas deberían abonar 300,00 €.
O curso contará cunha parte teórica de 200h e unha parte práctica de 150h, polo que se outorgará o título homologado pola Xunta de Galicia de Monitor/a de Tempo Libre.
Requisitos para a participación: ser maior de 18 anos e encontrarse en posesión do graduado escolar, título da E.S.O. ou algunha titulación equivalente a estas.
Inscrición
O prazo de preinscrición para esta actividades remata o vindeiro 18 de marzo e para máis información poderanse dirixir ao Centro Cultural e Xuvenil de Muros ou no 981 762 294.
Novas relacionadas
- Embargo á SD Esteirana mentres García Liñares toma o relevo na Federación co apoio costeiro.
- Muros sabe a mar.
Fonte
- Concello de Muros, Departamento de Xuventude.