Domingo. 13.10.2024
El tiempo

CxG denuncia un abuso de poder da alcaldesa ao evitar unha votación sobre a subida do IBI

CxG denuncia un abuso de poder da alcaldesa ao evitar unha votación sobre a subida do IBI
O IBI é o Imposto sobre os Bens Inmobles

Está a ser un asunto moi controvertido en Muros, e mesmo hai unha colleita de sinaturas online para evitala. Falamos da subida do IBI proposta polo grupo de goberno no Concello de Muros.

O caso é que na sesión plenaria celebrada o xoves 26 de setembro, o concelleiro José Manuel Quintela e as concelleiras María Xosé Alfonso e María Sambad, de Compromiso por Galicia, presentaron unha moción por urxencia para ser debatida e votada nesa sesión plenaria. Isto non foi posible, segundo declaran, "pola negativa da alcaldesa “socialista” a que se procedera á votación da urxencia, negativa que supón novo e claro abuso de poder, pois está incumprindo claramente o punto 4 do artigo 91 do ROF (Regulamento de Organización, Funcionamento e réxime xurídico das entidades locais)".

Dende Compromiso por Galicia aseguran que "isto aínda é máis grave polo contido da moción, na que se insta ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e ao propio concello a que adopten medidas claramente beneficiosas para cidadanía muradá".

Dende a formación galeguista aseguran que "non van consentir que a alcaldesa, estando en minoría, goberne con esta actitude dictatorial como se tivese a maioría absoluta valéndose cando lle veñan en gana destes reiterados abusos de poder e incumprindo de maneira sistemática as leis, polo que anuncian que van adoptar todas as medidas que sexan necesarias para que a alcaldesa Caridad González Cerviño e o seu grupo cumpran as leis e os regulamentos como calquera outra persoa, e iso inclúe acudir á xustiza sempre que sexa necesario".

Concretamente a moción pedía "deixar sen efecto a actualización da ordenanza fiscal do IBI dos bens de natureza urbana e rústica que se aprobou na sesión plenaria celebrada o 27 de xuño de 2013, de xeito que volva ao 0'4 % o IBI dos bens de natureza urbana e 0'3 % os bens de natureza rústica, para así contrarrestar mínimamente a esaxerada suba que supón a nova ponencia de valores".

Novas relacionadas

Fonte

  • María Xosé Alfonso, concelleira en Muros pertencente a Compromiso por Galicia.

Comentarios