Sábado. 05.10.2024
El tiempo

CxG Muros mostra a súa disposición a negociar co PSOE para formar goberno

CxG Muros mostra a súa disposición a negociar co PSOE para formar goberno
Compromiso por Galicia Muros informa sobre o seu interés en negociar co PSOE muradán co fin de formar un novo goberno de cara aos vindeiros catro anos despois dos resultados obtidos nas eleccións municipais do 24M. Para iso propón unha serie de condicións que deberán ser aceptadas e asinadas antes de mañá venres, 12 de xuño, pola agrupación local de PSOE de Muros, por un representante da organizadción do PsdeG e ante notario. Segundo un comunicado que enviou CxG á redacción de QPC as condicións para pactar serían: 1. Porase a disposición dos 3 novos concelleiros de Compromiso por Galicia en Muros , dende as 9:00 h ata as 15:00 horas deste venres 12 de xuño, a seguinte documentación: - Toda a documentación relativa aos pagos aos dous asesores urbanísticos (José Luis Barros ou Ginebra Holding Trust e José Antonio Comesaña), incluidos os reparos de intervención que haxa. - Débeda contraída cos proveedores no primeiro trimestre de 2015. - Débeda acumulada cos proveedores nos anos 2011, 2012, 2013 e 2014. - Débeda financiera viva a peche de 2014. - Os expedientes (con toda a súa documentación) que se relacionan a continuación: Contratación de persoal do GES, contratación das brigadas de limpeza de praias dos anos 2012, 2013 e 2014, contratación dos auxiliares de policía local deste mandato que remata 2. Poranse a disposición, de xeito inmediato,  de todos os grupos da corporación todos os expedientes e documentación que estes requiran. 3. Realizarase unha auditoría financieira. 4. Gravaranse as sesións plenarias e colgaranse na páxina web municipal no prazo máximo de 5 días despois de celebrada a sesión plenaria. 5. As sesións plenarias serán mensuais e a Xunta de Goberno Local reunirase semanalmente, no día e hora que posibilite a asistencia de todos os seus membros. 6. As Xuntas de Goberno Local estarán formadas por 3 membros do grupo de goberno e por un membro de cada un dos restantes grupos políticos que acepte formar parte da xunta de goberno (estes serán elixidos polos seus respectivos grupos ). 7. Os orzamentos e liquidacións anuais do concello estarán a disposición da cidadanía na páxina web do concello durante todo o período de exposición pública e permanecerán nela despois da aprobación definitiva. 8. As actas das sesións plenarias e das Xuntas de Goberno Local (coas precaucións necesarias en cumprimento da lei de protección de datos) serán publicadas na páxina web do concello no prazo máximo de dous días dende a súa aprobación. 9. Formarase unha comisión de investigación, na que haberá representantes de todos os grupos da corporación, sobre a documentación que presentou o concello como proba no xuizo pola expulsión de María Xosé Alfonso. 10. Anulación da proposta do PSOE que foi aprobada na sesión plenaria celebrada o 25 de abril de 2013 que  anula o uso preferente do galego na administración local muradá e volta ao Regulamento de Uso do Galego aprobado por unanimidade o 31 de maio de 2001. 11. Eliminaranse os asesores. Unicamente poderá haber profesionais que representen ao concello nos procesos xudiciais nos que este estea inmerso, pero estes profesionais cobrarán en función do volume de traballo que supoña esta representación e nunca como asesores. 12. Os gastos en retribucións a membros do equipo de goberno reduciranse con respecto ao mandato anterior, e o total deles non poderá superar os 4000 € mensuais. 13. Os membros da Corporacion percibirán as seguintes indemnizacións por asistiren ás sesións dos órganos colexiados dos que formen parte: - Xunta de goberno: 0 € - Pleno da Corporación: 30 € - Comisións informativas: 0 € 14. Levarase, antes do 30 de novembro do presente ano, a proposta ao pleno de que o IBI volva ao 0'4 % para as propiedades urbanas e ao 0'3 % para as rústicas.

Novas das Eleccións #24M

Comentarios