venres. 02.05.2025
El tiempo

Días de vertixe cultural no IES Fontexería

Días de vertixe cultural no IES Fontexería
Obradoiro de ADEGA na Semana Cultura do IES Fontexeria Obradoiro de ADEGA na Semana Cultura do IES Fontexeria

Arrincou este luns 3 a espectacular XXVIII Semana Cultural do IES Fontexería. En plena efervescencia de actividade atópase o activo centro muradán. Polo de agora os alumnos xa disfrutaron de varias películas, obradoiros, colaboracións co CEIP Ramón de Artaza, diversas charlas divulgativas, exposicións…

Como pratos fortes nestes dous primeiros días pódense destacar a presentación do libro “Un Cesto de Mazás”, coa presenza da súa autora Montse Fajardo. Pero se cadra, a subida á Moa do Monte Pindo fose a actividade que máis gustou.

Montse Fajardo no IES Fontexeria de Muros Montse Fajardo no IES Fontexeria de Muros

E sen parada continúa a semana cultural. Hoxe mércores gozarán do espectáculo "Moita poesía, pouca diversión", do duo Aldaolado e o xoves terán a estrea absoluta da obra "As aventuras de Gale", espectáculo de títeres e música a cargo da Xanela do Maxín, á que asistirán tamén alumnas e alumnos do CEIP Ramón de Artaza e do IES As Insuas.

O venres será o día de peche e ademais das sesións de Taichi e Parkour, o cumio será a actuación de Sumrrá, unha das bandas máis importantes do panorama de jazz estatal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios