Dous plenos para aprobar o POS+ en Muros
Mentres noutros concellos a aprobación do POS+ está sendo relativamente sinxela, solventada en plenos de 10 minutos e practicamente por unanimidade, por Muros as cousas están sendo máis complexas. Foron necesarios 2 plenos para aprobar os proxectos que se van a abordar con este novo plan da Deputación que outorga máis poder de decisión ás corporacións municipais.
Non hai consenso en Muros, como o demostra a calificación do PP de Muros á xestión do Plan por parte do grupo de goberno CxG: “despropósito”. Foron necesarios “Dous plenos extraordinarios, dos que se celebrou un, e un ordinario, dúas xuntas de voceiros, das que se celebrou unha e outra que se desconvocou, e unha comisión informativo, nun caso que debe ser único”, critica Inés Monteagudo.
Un PP que pola contra recoñece que o POS si recolle a súa proposta de xaneiro, para afrontar o acondicionamento do cemiterio municipal da Atalaia; a retirada do palco da praza do Cristo de Tal e acondicionamento do espazo para o seu disfrute polos veciños; a mellora das instalacións do Campo de fútbol Eleuterio Balayo, en particular vestiarios e cantina; a habilitación dun punto de recollida de residuos urbanos na estrada do convento de Louro, onde actualmente están depositados residuos de todo tipo dende o verán; o camiño principal do lugar Torea; a regulación do tráfico e aparcamentos dende a Alameda de Esteiro ata o Artón; a recollida de pluviais da estrada da Igrexa de Abelleira.
Na proposta vai tamén un plan complementario no que se inclúen os camiños da Rateira e Vistavós, en Abelleira, que están desfeitos, e o acceso a escola de Louro, tamén en mal estado.
Pago a proveedores |
10.681,53 € |
Gastos correntes |
180.000 € |
Mellora e reparación do cemiterio da Atalaia |
70.283,74 € |
Mellora do camiño no lugar de Torea |
111.884,85 € |
Mellora das infraestructuras hidraúlicas na Ribeira do Maio |
208.714,93 € |
Mellora da praza do Cristo de Tal |
79.948,78 € |
Ampliación vestiarios do campo de fútbol Eleuterio Balayo |
59.998,50 € |
Préstamos bancarios |
78.943,14 € |
Plan complementario Mellora de camiños na Rateira e Vistavós Mellora do camiño da Agra da Filgueira |
103.674,30 € 49.364,66 € |
Moción á Deputación
Neste mesmo pleno presentamos unha moción, que resultou aprobada cos votos a favor de PP e Psoe, na que pedimos que a Deputación complemente este Plan único ata igualar ao menos o importe dos plans do ano pasado. Se este acordo se cumple poderá executarse sen problema o plan complementario e incluso abordar algunha outra obra, como a do Chalón.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2017: O PP de Muros presenta unha proposta para o POS+ da Deputación.
- Zas remodela o campo de San Andrés co POS+.
- Camariñas destina o medio millón de euros do POS+ en dúas rúas e en gastos correntes.
- Ponteceso aproba o Plan Plus para pagar a proveedores.
- Xosé Regueira: “O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”.
- O Plan Único da Deputación dota de máis autonomía aos Concellos.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).