Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Enconado, o novo hit verbeneiro en galego con D.O. Costa da Morte

Enconado, o novo hit verbeneiro en galego con D.O. Costa da Morte

Xa temos hit do verán!! Só falta que as verbenas e as emisoras de toda Jalisia se poñan a pinchalo. “Enconado”, o single veraniego, en galego, dos amigos Adrián Bouzas Caamaño e Fran Trillo vai arrasar. A Fran Trillo xa temos escoitado naquel divertidísimo Despaciño de Arguzu Vevo, e aínda o veremos este verán con Lisdexia presentando o seu primeiro disco. Pola súa parte, Bouzas é voz e guitarra noutra banda muradá de referencia, Archivo Adxunto.

Unha tarde do verán de 2017, que non había día de praia, formaron a banda “Punto G”, “para facer algo distinto para divertirnos e aprender a grabar cousiñas na casa”, e este “Enconado” é xa o terceiro temazo composto por ambos despois dos temas trap Castañita e Marry-Us.

”Enconado nace das ganas de facer festa e que a xente baile, que fai moita falta hoxe en día, ademais nós somos uns enconados da vida e queremos que a xente se contaxie”, explica Bouzas.

E todo, #madeinfeitonacasa. “Para compoñer soltamos o ritmo e vámoslle dando á cabeza, entendémonos moi ben e entre os dous imos sacando cousas bastante interesantes”. Despois, “todo se leva a cabo no baixo da miña casa, o “Buenavista Records”, cun portátil, unha mesa de mezclas, un micro e moitas ganas”. Con algo de Adobe Premier, por agora tócalles a eles fedellar cos vídeos tamén.

Se ben as súas bandas son máis indie-punkeiras, este Punto G ten moita "influencia do trap nacional máis melódico así como de todo o mundo do orquesteo" que levan mamado toda a mocidade. “Eu creo que tres referentes esenciales poden ser: Esteban y Manuel, Ortiga e Delacruz Show”, apunta un Bouzas que deixa claro que escoitar escoitan todo tipo de música.

Adrián Bouzas ten 21 anos e acabei este ano a carreira de Podoloxía. Fran ten 18 e está estudando Impresión Gráfica. Ambos son canteira da #SalaNasmo e ven o futuro con ilusión. ”Vivir da música claro que nos gustaría, pero toda a música empeza facéndose para pasalo ben e transmitir, o de vivir dela é algo que chega só a base de esforzo”, valora..

Adrian Bouzas e Fran Trillo son Punto G
Adrián Bouzas e Fran Trillo son Punto G

Novas relacionadas

Máis novas musiqueiras

Comentarios