Luns. 06.05.2024
El tiempo

Esteiro acollerá un campionato de volei

Esteiro acollerá un campionato de volei
A praia de Esteiro, en Muros, acollerá a semana que vén un campionato de volei praia. O evento comezará o venres 12 de agosto, finalizando o luns 15. Haberá tres categorías, mixta, masculina e feminina. Entre os premios, os finalistas da categoría mixta levarán un trofeo. Na masculina, os primeiros clasificados levarán un trofeo e 100 euros. Os segundos faranse cun trofeo e 40 euros. En canto á categoría feminina, as primeiras clasificadas levarán un trofeo e 50 euros, namentres que as segundas faranse cun trofeo e 20 euros. A inscrición custa 10 euros por cada parella, e a data límite para proceder a ela remata o vindeiro domingo, 7 de agosto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios