Falace unha veciña de Esteiro nun choque frontal entre dous vehículos
16:44 26/03/16
Unha colisión entre dous vehículos no concello coruñés de Muros saldouse cunha persoa falecida e dúas feridas. O sinistro tivo lugar onte na AC-550, no quilómetro 45, á altura de Boavista, na parroquia de Serres. Un particular alertou do accidente ao CAE 112 Galicia minutos antes das 20:30 horas da pasada tarde e indicou que un dos vehículos implicados na colisión envorcara e que no seu interior había persoas atrapadas.
Ao parecer, o conductor dun Renault Megane, un mozo de 19 anos, perdeu o control do coche ao saír dunha pequena curva e invadiu o carril contrario colidindo frontalmente cun Rover, no que viaxaba a víctima mortal e o seu marido - que foi trasladado ao hospital Clínico de Santiago, xunto co conductor do Megane -.
Ata o lugar do sinistro acudiron os Bombeiros de Cee, Urxencias Médicas, GES de Muros, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.
Novas relacionadas
- Rescatan tres tripulantes dunha barca á valga en Louro
- Unha veciña de Muxía perde a vida ao caerlle enriba un penedo
- Excarcelan unha persoa tras un accidente en Camariñas
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Axega 112