Falando de prevención: O Bombeiro durminte de Louro
Chegamos á plena temporada de incendios e, coma sempre, nada ou case nada fai a Xunta en clave de prevención. E iso que todos os anos se fala da necesidade de traballar, durante todo o ano en materia de prevención, pero a realidade é que poucas vedes se dan exemplos concretos.
Temos que irnos ata Louro, onde a comprometida Comunidade de Montes segue demostrando o seu compromiso coa natureza. Desta volta, están traballando na reforestación dunhas 3 hectáres da zona do Monte Meán, arrasada o verán pasado por un incendio, e doutras 2 hectáreas colindantes. Despois daquel lume e tras falar cos veciños, anchearon o camiño, para facilitar os traballos e para que faga de cortalumes.
Pero de cortalumes farán as especies frondosas (castiñeiros e carballos) prantados durante o pasado outono. “Non hai mellor cortalumes naturais que as frondosas”, recoñece Juan Ramón Santiago, que precisamente hoxe se atopa, cunha serie de compañeiros da Comunidade e co axente do Distrito Forestal V, Gerino, regando a zona. Son, como saben os entendidos na materia, os bosques de frondosas, os famosos "Bombeiros durmintes".
De feito, dende a Comunidade agradecen a colaboración do Distrito, conscientes do complicado que é, nestas datas, manter activa unha motobomba. Levan máis de 15 días solicitándoa pero debido á seca (parece que mañá chega algunha chuvia) non se puido ceder. Tocará regar outras 2-3 veces no verán (a partir de setembro co rocío xa aguantan máis) para que a mortandade (moi baixa ata agora, arredor dun 30%, para a falta de chuvias que houbo durante todo o ano, sobre o prantado o pasado outono, e a pesar das accións vandálicas do pasado mes de marzo) non aumente.
Castiñeiros prantados no Monte Mean de Louro
Implicacion de todos
A Comunidade de Montes de Louro quere aproveitar para lembrar que a prevención é unha cousa de todos, e que todos os propietarios debemos manter as franxas de seguridade limpas, é dicir, uns 50 metros arredor das casas sen maleza, acacias nin piñeiros; só pode haber frondosas a 15 metros dos núcleos.
Novas relacionadas
- Xullo 19: A Comunidade de Montes de Louro loita por poñer en valor os seus roteiros.
- Marzo 19: Un Día da Árbore de luto en Louro.
Novas relacionadas
- Abril 19: “O lume non pode ser un negocio para ninguén”.
- 12-04-19: O Consorcio Provincial Contraincendios aproba a xestión directa dos parques de bombeiros comarcais.