Falece unha muller na praia de Anido

17:41 22/07/24
Unha muller faleceu arredor das 14:30h da tarde deste luns cando se atopaba na auga na praia de Anido, en Muros.
Unha mariscadora atopaba á muller insconciente, e chamaba ao 112, que mobilizaba a Urxencias Sanitarias, a Garda Civil e o GES de Muros.
A pesar dos intentos por reanimala, non se logrou salvarlle a vida e faleceu no punto.