O Festival da Nasmo une a música tradicional de Muros co novo punk-rock
07:33 15/03/23
Que Muros é un pobo de jaiteiros non é nada novo. E encántanos velo vibrar. Este sábado 18, a música tradicional darase a man co punk-rock local no Festival da Nasmo. O Pozo do Cachón acollerá dende as 12:00h da mañá e de balde, un evento no que varias bandas tradicionais e de música combativa compartirán escenario.
A Sala de Ensaio de referencia en toda a volta, volve demostrar o seu potencial para crear talento.