A Garda Civil explica a detención do fillo do home asasinado en Muros o pasado venres
- [Última hora 12:30h]: Os GEAS atoparon esta mañá a suposta arma do crime, un machado, nas inmersións realizadas no peirao de Esteiro.

Tres días despois do homicio acontecido en Muros, a Garda Civil explica a detención do fillo da vítima como presunto autor dun delito de homicidio.
Debulla a Garda Civil que foi o propio fillo o que chamou ao 112 na madrugada do venres ao sábado. Á chegada do Equipo Territorial da Policía Xudicial da Garda Civil de Noia, explicoulles que dúas persoas encapuchadas entraran en casa, e mentres unha o ameazaba, a outra dirixiuse ao lugar onde estaba o seu pai. Cando saíron, aseguraba o fillo, atopou o cadáver do seu pai no chan, con signos de ser asasinado cun machete.Tralas primeiras investigación cos veciños, o observado na escena do crime, e as incongruencias no relato do fillo, a Garda Civil decidiu deter ao fillo da vítima como presunto autor dun delito de homicidio. Porén, o detido non chegou a recoñecer os feitos, nin se ten atopado a arma. A Garda Civil sospeita que o machete puido ser arroxado polo agresor ao mar no peirao de Esteiro, coa finalidade de desfacerse da arma antes de chamar ao 112.
O GEAS, Grupo Especial de Actividades Subacuáticas coa finalidade de dar coa arma nestes días.
Así atoparon esta mañá no peirao de Esteiro os GEAS da @GCivilCoruna a suposta arma do crime coa que un home mataba ao seu pai esta pasada fin de semana.
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) April 25, 2023
Toda a info aquí: https://t.co/t7D9Acbssx pic.twitter.com/TFDWJw1FO1
O detido, xunto coas actuacións realizadas, foi posto a disposición do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Muros, e a Autoridade Xudicial decretou o seu ingreso no Centro Penitenciario.