mércores. 07.05.2025
El tiempo

Hassana Aalia e Mohamedu El Hiva explican a situación actual no Sáhara Occidental

Hassana Aalia e Mohamedu El Hiva explican a situación actual no Sáhara Occidental
O BNG e Galiza Nova en Muros-Noia organizaron unha charla coloquio sobre os territorios ocupados do Sahara Occidental O BNG e Galiza Nova de Muros-Noia organizaron unha charla coloquio sobre os territorios ocupados do Sáhara Occidental A casa da Cultura de Noia acolleu o pasado martes unha charla-coloquio organizada polo BNG e Galiza Nova en Muros-Noia, presentado polo responsable comarcal Manu García, no que se contou coa presenza do activista Hassana Aalia, o subdelegado do pobo saharaui para Galiza, Mohamedu El Hiva, e a presidenta de Sogaps, Maite Isla, que viaxará nos vindeiros días aos territorios ocupados do Sahara en compaña dunha delegación do Parlamento galego da que formará parte a deputada e responsable da área de relacións nacionais e internacionais do BNG, Montse Prado. Hassana, que actualmente se atopa pendente dunha resolución da Audiencia Nacional sobre a súa solicitude de asilo, está condeado por un tribunal militar marroquí a unha pena de cadea perpetua tras participar no ano 2010 no campamento de protesta pacífico de Gdeim Izik, a doce quilómetros de El Aaiún - Sahara Occidental -. Coñecido como o Campamento da Dignidade de El Aaiún, foi asaltado violentamente por Marrocos, causando un bo número de mortes, feridos e desaparecidos, tal e como denunciaron tanto os propios saharauís como as organizacións pro Dereitos Humanos que traballan na zona. Paralizada a expulsión de Hassana en tanto non se resolve a súa solicitude, de non aceptarse esta en virtude do convenio de extradición entre España e Marrocos Hassana veríase obrigado a voltar á súa terra, o que supón un grave risco para a súa persoa. Como sinalou o subdelegado dos saharauís en Galiza, obter o estatuto de refuxiado político non é un privilexio, é un drama. Dereitos Humáns Tal e como explicaron na charla-coloquio, "o pobo saharauí vén sendo vítima do esquecemento por parte da ONU e do goberno español". Hassana e o subdelegado do pobo saharaui en Galiza denunciaron as graves violacións de Dereitos Humáns que se viven no Sáhara de mans do goberno marroquí e o bloqueo informativo existente. Pola súa banda, Maite Isla apelou á colaboración en todos os eidos, mais recalcou a importancia da actuación a nivel político para lograr a autodeterminación saharauí, así como a necesidade de colaborar co financiamento tanto do programa “Vacacións en Paz” como noutras necesidades. A este respecto, a voceira do BNG no concello de Noia recordou que dita formación solicitou a colaboración do concello co campamento de Tinduf tralas riadas ”sendo o silencio a única resposta obtida”. Beatriz Caamaño, delegada da bisbarra Muros-Noia de Sogaps fai un chamado ás familias da zona para que participen na acollida de nenos e nenas saharauís a través do programa “Vacacións en Paz”, nomeadamente nos concellos de Noia e Porto do Son, nos que se precisan familias acolledoras para este verán.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • BNG Muros-Noia

Comentarios