Localizan novos petroglifos en Muros e alertan de que o seu abandono ameaza a súa riqueza patrimonial
A descuberta dunha nova estación de arte rupestre en Muros (un dos concellos máis ricos nesta variedade) vén de poñer de manifesto o risco que corremos de perder estes singulares exemplos da nosa rique patrimonial. Foi o veciño, membro dunha familia de amantes da arqueoloxía, Avi Formoso, o que informou ao ao Colectivo A Rula (un grupo de persoas amantes da arte rupestre) a posible nova localización dun petroglifo na paraxe do Outeiro dos Furados, á beira do regato de San Xoán, na parroquia de Serres.
Unha descuberta ben simbólica, e ben autentica, situada ao carón dun muro de pedra nunha parcela chamada “Costa Grande”. A máis importante ten 3 metros de longo e 3,6 de ancho, con gravados xeométricos, formado por varios aneis e coviñas. Un conxunto que garda moita relación con outros petroglifos do país. Hai ademais unha segunda zona de gravados na parte máis alta do Outeiro, pero o estado de conservación é peor.
Localización do petroglifo do Outeiro dos Furados en Muros-Foto-A RulaUn incendio, un perigo
O lume e as máquinas case destrozan o Petroglifo de Monte Meán en MurosA visita do Colectivo ao lugar para ver a descuberta, serviulles para decatarse do risco que corren estes gravados esquecidos. Un incendio acontecido este verán en Monte Meán puxo en verdadeiro perigo os petroglifos. Un incendio que foi provocado a consecuencia dun descuido durante os traballos de desbroce da zona, que chegou a apenas 50 metros dos petroglifos. Ademais, a calamidade é maior tendo en conta que as máquinas, os tractores, pasaron por ribas das pedras, e a piques estiveron de destrozar un excepcional alquerque do 9, descuberto en 2014 por outro veciño muradán, Domingo Rama, e que o colectivo xa intentou protexer.
O Colectivo A Rula lamenta tamén o desleixo municipal, centrado unicamente en protexer a Laxa das Rodas e a Cova da Bruxa e esquecendo o resto do patrimonio rupestre muradán.
Lembran que lugares como Naraío 2, A Laxe do Depósito, Sistamares, Alto do Cruceiro, Pedra da Chula, Morosa do Paso, etc… seguen abandoados e en risco de esquecemento e de desaparición.