![D.E.P. é unha obra de teatro cargada de humor. Imaxe: Malasombra Produccións]()
D.E.P. é unha obra de teatro cargada de humor. Imaxe: Malasombra Produccións
O próximo sábado,
10 de outubro, ás 21:30 horas a compañía
Malasombra será a encarga de abrir coa obra "D.E.P." a tempada de teatro profesional que organiza o concello de Muros no centro cultural e xuvenil da vila.
"D.E.P." é unha trepidante comedia protagonizada por Jouse García, Xoque Carbajal e Patricia Rodríguez, na que se mostra con moito humor, o egoísmo, a mentira e o engano entre irmáns ante a repartición dunha herdanza. Uns seres humanos que nos amosan o seu lado máis cruel, ante a disputa de bens materiais: "que mamá morra axiña por favor! ". D.E.P. mostra unha situación ben recoñecible polo espectador: a pelexa pola herdanza. Pero aínda hai algo que a fai moito máis singular e é que neste caso, a herdanza é dunha nai que aínda non está morta. Este é un espectáculo dirixido a un grande abano de públicos.
Este espectáculo está incluído na programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e o prezo da entrada será de
3,50 €, que se obter por anticipado nas oficinas do centro cultural de Muros, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.
Este é so o inicio, xa que durante todo o mes de outubro haberá aquí outros espectáculos de teatro, música e cine.
Sarabela Teatro (24 de outubro) ,
Archivo Adxunto (17 de outubro), son algunhas das compañías que se pasarán polo centro cultural muradán.