Medio millón de euros para a reparación dos pantaláns dos portos de Corme, Fisterra, Muros e Corcubión
10:58 16/03/21
Portos de Galicia vén de asinar varios contratos de obras de mellora de pantaláns nos peiraos de Corme, Fisterra, Muros e Corcubión. Unhas obras que consistirán na reforma integral dos pantaláns e estruturas aboiantes das dársenas, a substitución de elementos de madeira, a renovación de pavimentos por madeiras sintéticas de maior duración e que reducen o risco de deslizamento, ou a dotación de elementos auxiliares de seguridade como fingers, escaleiras e balizamentos dos pantaláns.
O prazo de execución dos traballos será de 10 meses, e os orzamentos son os seguintes:
- Corme: 77.000 euros;
- Fisterra, 288.000 euros;
- Muros, 120.000 euros;
- Corcubión, 36.000 euros.