mércores. 07.05.2025
El tiempo

Muros acolle o terceiro partido solidario Pro Nen@s do Sáhara

Muros acolle o terceiro partido solidario Pro Nen@s do Sáhara
partido solidario sahara muros 2016 O campo municipal Eleuterio Balayo de Muros acolle este sábado, ás 19 horas, o III partido solidario Pro nenos e nenas do Sáhara. As actividades comezan ás 11:45 horas coa recepción no Curro da praza e a continuación realizarase unha ruta marítima a bordo do galeón "A Ostreira". Un xantar no pinar da praia de San Francisco darálle paso a unha tarde chea de xogos no campo municipal da vila. Será ás sete da tarde cando se dispute o partido triangular de fútbol base. O encontro está organizado por Sogaps Muros-Noia e conta coa colaboración do concello de Muros, do ED Os Miúdos, o ED concello de Carnota ecos comercios de Muros. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios