Muros celebrou o seu Orgullo coa primeira Festa Holi
08:46 01/07/24
Singular e moderna a programación das Festas de San Pedro do Concello de Muros, non sen algo de polémica xerada por esa xente alérxica aos cambios e aos avances sociais. Con todo, a vila celebrou o sábado con gran éxito a súa primeira Festa Holi, esa festa de cores importada da India que é toda unha diversión para pequenos e maiores.
Foron as novas xeracións ás que máis viviron este evento, e escoitaron con atención o sentido e liberador pregón de Manu de Abelleira.
Pola tarde gozaron das actividades para todas as idades na praza du Curro.