sábado. 15.03.2025
El tiempo

Muros convoca unha reunión informativa para coñecer axudas á rehabilitación de vivendas no casco histórico

CASCO Vello MUROS
Muros convoca unha reunión informativa para coñecer axudas á rehabilitación de vivendas no casco histórico

O Concello de Muros organiza unha xornada informativa para dar a coñecer todas as liñas de axudas á rehabilitación de vivendas no seu casco histórico. Será o próximo mércores 26 de febreiro, ás 18:30 horas na antiga fábrica de Sel.

Esta mesma semana, o concello abriu unha nova convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas no seu casco histórico, financiada con fondos Next Generation da Unión Europea.

As axudas son de ata 21.400 euros por vivenda, contía que nalgúns casos poderase incrementar ata un máximo de 1.000 euros por vivenda ou 12.000 euros por edificio obxecto de rehabilitación.

As actuacións subvencionables nesta nova convocatoria son para a mellora ou rehabilitación de edificios e vivendas, sempre que o proxecto inclúa unhas determinadas intervencións de mellora da eficiencia enerxética.

As solicitudes poden presentarse no prazo de 2 meses dende o día seguinte á publicación da convocatoria no BOP da Coruña (martes 18 de febreiro).

Comentarios