Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros escachou cos monólogos de Róber Bodegas e Champi

Muros escachou cos monólogos de Róber Bodegas e Champi
Champi e Rober Bodegas en Muros-Foto-Domingo Guerra

Os integrantes da Asociación Praia do Castelo de Muros seguen a traballar, sen descanso e con acerto, organizando actividades para que o festival Castelo Rock 2014, que este ano se celebrará os días 8 e 9 de agosto con Terbutalina e Gatillazo como cabezas de cartel, continúe erixíndose como un dos principias referentes musicais de Galicia.

Nesta ocasión, xuntaron na Casa da Cultura muradá, este pasado sábado, aos monologuistas Róber Bodegas e Champi de Muros, conseguindo que se esgotaran as 165 entradas do aforo con varios días de antelación.

O primeiro en actuar foi o muradán Champi, por iso de xogar na casa. Enseguida conquistou aos asistentes facendo que chorasen de risa. Escenificou coreografías de Zumba, e narrou, entre outras cousas, algunhas experiencias persoais do seu actual traballo como camareiro. Impresionante.

Pola súa parte, o actor e guionista Róber Bodegas, demostrou unha vez máis a súa innata capacidade para contar historias maxistralmente. Ironizou sobre as dietas milagre, sobre determinados anuncios da televisión, da teletenda, etcétera, interactuando co público e facéndose acredor dunha interminable ovación ao remate do seu magnífico espectáculo.

Parabéns a Champi de Muros, a Róber Bodegas e, por suposto, á Asociación Praia do Castelo.

Publico aos monologos de Muros-Foto-Domingo Guerra

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios