Venres. 29.03.2024
El tiempo

Muros estrea tempada teatral

Os-nenos-da-variola-As-monxas-Promo-scaled
Muros estrea tempada teatral

Este sábado 15 de outubro, ás 21:00h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros estrea nova temporada da habitual programación teatral, no marco da Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADI. Faino con “Os Nenos da Variola”, da compañía Pérez & Fernández.

Un espectáculo Baseado na novela homónima de María Solar, no elenco  Manu Fernández, Victoria Pérez, Xosé Leis e Isabel Risco; e con dous prestixiosos premios no seu haber, o III Premio Luísa Villalta á igualdade da Deputación da Coruña e un XXV Premios de Teatro María Casares, os dous en 2021.
A obra conta parte da historia da experición que “​Real Expedición Filantrópica da Vacina​” realizou por sudamérica en 1803, partido dende o porto da Coruña, levando Isabel Zendal a 22 procedentes de orfanatos como vacina.

As entradas, ao prezo de 3,50 €, xa poden ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou neste formulario online.

As seguintes citas serán “Güela, güela”, de Galitoon, para público familiar, o sábado 22, e “Conexión Pingüín”, para público adulto, o sábado 29.

Comentarios