Muros necesita un Plan de Dinamización do Casco Histórico
O Casco Histórico de Muros é todo un tesouro en si mesmo. Un reclamo impresionante, sen lugar a dúbidas, pero que nos últimos tempos está caendo no esquecemento. Sofren os que viven dentro del, non tanto o sector turístico como o sector servizos, onde os empresarios necesitan un impulso que o Concello leva tempo sen aportar.
Así o entende o BNG, quedespois de reunirse coas adxudicatarias que sobreviven na Praza de Abastos, presentou para o seu debate no próximo Pleno da Corporación unha moción co obxectivo de elaborar un Plan de Dinamización para o Casco Histórico, que reverta a dinámica de peches de locais e revitalice a vida da zona interior do Casco.
Entre as medidas propostas polo Grupo Municipal Nacionalista, destacan a peatonalización das rúas interiores, a remodelación da Praza de Galiza, a obrigatoriedade de vender produtos frescos e perecedoiros dentro da Praza de Abastos, a subvención municipal dos alugueres de locais baleiros ou a realización de campañas publicitarias.
Un Plan para un problema que parece esquecer o actual grupo de goberno.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).