Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Muros pon en marcha a súa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero

Muros pon en marcha a súa Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero
Creacion da Mesa de Xenero de Muros Creación da Mesa de Xénero de Muros

Xa está en funcionamento a pioneira Mesa Local de Coordinación Interinstitucional fronte á Violencia de Xénero, de Muros. Un instrumento operativo de traballo, co obxectivo de optimizar todas as actuacións que se requiran a tal fin.

Conforman esta mesa, representantes de todas as administracións: Consellería Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, da Comisión de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero da Deputación de A Coruña, da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación do Goberno, e dos ámbitos municipais involucrados do Concello de Muros: - Centro de Información a Muller (CIM) - Servizos Sociais de Atención Primaria - Servizos Sanitarios de Atención Primaria - Garda Civil - Policía Local - Ámbito educativo (CEIP e IES)

Todos os membros da mesa destacaron a necesidade de que a coordinación se estenda tamén ao ámbito municipal, a administración máis cercana ao cidadán, “como instrumentos para optimizar a cooperación de todas as entidades implicadas neste obxectivo común, para optimizar a accesibilidade aos recursos e as prestacións dos servizos de atención ás mulleres afectadas por situacións de violencia de xénero”.

O ente permitirá organizar novas medidas de sensibilización, asesoramento, atención e protección ás mulleres que sofren violencia de xénero.

A Alcaldesa destacou que "contra a violencia de xénero non hai que loitar só o 8 de marzo".

Fonte

  • CIM de Muros.

Comentarios