Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Muros ponse a Bailar Agora

Bailar Agora
Muros ponse a Bailar Agora

O Centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle este sábado 6 de novembro, ás 21:00h, o espectáculo, “Bailar Agora”, da compañía "Marta Alonso Tejada. TrasPediante. Unha viaxe en clave de danza para sumerxirnos nun novembro de música.

O relato de Marta Alonso Tejada é unha historia da danza, que transita desde as orixes, ata os anos de academias e cursos incontables de ballet clásico. Os gags cómicos, cun punto circense e a simpatía que desprende Marta, o poderío da danza, cando o espazo lumínico e sonoro tamén danzan, sumado a esa asunción de liberdade de quen baila agora, contribúen a facer de Bailar agora un espectáculo reconfortante que xa acadou no presente ano tres premios María Casares, ademais dos recoñecementos da MIT de Ribadavia e o premio Dorotea Bárcena outorgado por FETEGA Marta Alonso Tejada traballa no sector artístico desde o 2008, cando funda a compañía trasPediante.


As entradas (3,50 euros) deben de ser reservadas previamente, ben nas oficinas do centro cultural de Muros ou no teléfono 981762294, de martes a venres, de 08:30 a 15:00 horas; e tamén poden solicitarse no correo electrónico [email protected] , ou en Internet por medio deste formulario.

Comentarios