Venres. 26.04.2024
El tiempo

Muros procura extras para un filme

Muros procura extras para un filme
A vila de Muros acollerá o vindeiro luns, 8 de agosto, un casting para a película Todo es silencio. O evento irá da man da produtora viguesa Alén Filmes. Todo es silencio é unha produción audiovisual de Milou Films, que estará dirixida por José Luis Cuerda e estará baseada na novela do escritor galego Manuel Rivas, que leva o mesmo título. A cinta estará protagonizada por Miguel Ángel Silvestre e Quim Gutiérrez. No casting buscaranse extras. Celebrarase o luns, 8 de agosto, de 10:00h a 20:30h, no Centro Cultural e Xuvenil de Muros. Consistirá en cubrir unha ficha cos datos persoais dos participantes e a realización de dúas fotos, unha da cara e outra do corpo enteiro. No caso de que haxa persoas con máis experiencia, pódese ir á cita cun currículo ou videobook para amosar os ditos dotes cinematográficos. A organización afirma que o que precisan son persoas de máis de 16 anos, pero sen ningunha característica física especial. O que si se terá en conta é a habilidade dos asistentes de xeito que encaixen máis nun perfil ou outro, coma por exemplo camareiro ou músico. Para máis información, Alén Filmes habilita os teléfonos 637 444 516, no que hai que preguntar por María Domínguez, ou 667 768 431, no que se preguntará por Pablo Vázquez.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios