Muros puxo en valor o papel da muller no tecido asociativo do rural galego

Interesante e comprometido encontro de mulleres o celebrado este pasado venres en Muros co gallo do Día Internacional da Muller. Moitas representantes das asociacións de Muros e a comarca achegáronse á Pedriña Alta para participar neste encontro que tiña como obxectivo viisbilizar o papel da muller no tecido asociativo do rural galego.
A deputada do BNG Noa Presas foi a moderadora, que estivo acompañada pola responsable Comarcal de Galiza Nova, Maruxa Martínez, quen deixou clara a intención de poder “crear un espazo para compartir experiencias e poder nutrirnos unhas das outras. Ninguén mellor ca nós sabemos o que temos que soportar e vivir por ser mulleres neste mundo”, valorou. Moitas compartiron as súas experiencias e todas se interesaron polo traballo das compañeiras.
Ía Lago, portavoz municipal das nacionalistas no concello de Muros celebrou o éxito da convocatoria e espera que o acto sirva de “xermolo para xerar dinámicas de colaboración dentro do activismo feminista da nosa localidade”.

Novas 8M
- #8M: O Feminismo baixou a pé de rúa en Carballo.
- #8M: Cee acolleu unha combativa e festexeira manifestación comarcal.
- #8M: As Curandeiras, e máis de 200 mulleres, batiron os tambores contra o patriarcado en Vimianzo.
- #8M: Unha cadea humana de mulleres para encher a praia de Carnota de sororidade.
- As ‘Zoquiñas vermellas’ saíron do forno para quecer o 8M.
- “As mulleres con problemas de adicción sofren unha doble discriminación, por ser consumidoras e polo feito de ser mulleres”.
- Un bus de Mulleres da Costa da Morte acodiu á manifestación en Verín previa ao 8M.