Muros segue viaxando co teatro: Chega "Nanai da China"
Segue avanzando o programa de teatro de outono do Concello de Muros, unha das referencias da programación continua da comarca. Este sábado 21 de outubro, 18:00 h, o Auditorio do Centro Cultural de Muros ten cita con Pérez&Fernández Teatro, e o seu singular “Nanai da China”.
”Nanai da Chin”a é un espectáculo de teatro para público familiar onde os títeres e os actores se fusionan para representar este conto orixinal cheo de maxia, aventuras e humor.
O texto orixinal é de Xabier Romero, a adaptación e dirección, de Victoria Pérez, e o elenco está formado por Victoria Pérez e Manu Fernández.
A obra está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou neste formulario.
O gorentoso programa outonal continúa ata fin de ano.