Muros súmase ao programa de Compostaxe Caseira

O Concello de Muros presentou onte o seu novo programa de compostaxe doméstica, unha iniciativa destinada a impulsar a reciclaxe nos fogares, coa reutilización da materia orgánica xerando importantes beneficios ambientais.
“A compostaxe doméstica permite eliminar ou reducir o uso de fertilizantes químicos, é o tratamento máis ecolóxico para a fracción orgánica do lixo”,
asegurou esta mañá a alcaldesa de Muros, María Lago, que presentou a campaña xunto a Sonia Lago, técnica de Sostibilidade.
“Os restos orgánicos supoñen máis do 40% do lixo xerado polos particulares, que coa compostaxe obteñen un compost con excelentes propiedades
fertilizantes, coidando ademais do medio ambiente”, engade a alcaldesa.
Todos os veciños e veciñas interesadas recibirán no concello a información necesaria para realizar de forma correcta a compostaxe doméstica.